O BNG pedirá que se elimine o semáforo da praza de Santo Domingo

O voceiro do BNG – AA, Rubén Arroxo, anunciou que presentará un rogo ao pleno da corporación do Concello de Lugo para que se elimine o semáforo situado no paso de peóns, á sáida da rúa da Raiña, na praza de Santo Domingo. Arroxo cualificouno como “o semáforo máis absurdo do mundo” e explicou que “sirve, unicamente, para dar preferencia aos vehículos nunha zona da cidade que ten vocación peonil”.

Arroxo sinalou que “neste cruce a preferencia ten que ser para as persoas e o feito de que os peóns teñan que pulsar o botón, para pedir permiso, xa lle da preferencia aos vehículos.

O voceiro do BNG – AA explicou que non ten sentido a existencia deste semáforo xa que, por exemplo, dase un caso similar no paso de peóns que une Santo Domingo coa rúa do Progreso “onde é máis perigoso por que a rúa é máis ancha e circulan vehículos en dous sentidos”. Arroxo insistiu en que “é cousa do século pasado formar apelotonamentos de persoas cun semáforo que non regula nada”. Rubén Arroxo sinalou “nesta cidade que estamos vendo atropelos de persoas e de importantes consecuencias cada día, deberiamos pensar en tomar medidas para defender ás persoas fronte aos vehículos”. 

Arroxo sinalou que “en marzo deste mesmo ano aprobouse, tamén en pleno, unha iniciativa do BNG para que se iniciase a peonalización integral do casco histórico da cidade, pero a día de hoxe non se ten avanzado neste senso”. Para o BNG-AA “avanzar na peonalización do casco histórico, da ronda da muralla e das principais rúas da cidade é un dos obxectivos fundamentais para que Lugo teña futuro como cidade habitada e habitable”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com