O BNG preguntará se a Xunta valorou que na Tinería se instalen novos locais “incompatibles coa vida nun barrio”

O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, manifestou a súa sorpresa ante o anuncio da Xunta de Galicia de sacar á venda diversos inmobles no barrio da Tinería. Rubén Arroxo sinalou que “dende o BNG sempre defendemos o alugueiro como forma de orientar o tipo de negocios que se instalan nesta zona emblemática da cidade” e explicou que “se hai unha venta ao mellor postor, tal e como plantexa o PP, os locais poderían albergar negocios “incompatibles coa vida nun barrio”. O BNG preguntará á Xunta se valorou o tipo de negocios que se poden abrir nos locais da Tinería que o ente autonómico sacará a poxa.

Arroxo lembrou que “foi o BNG dende o goberno da Xunta quen apostou pola rehabilitación e rehabitación da zona e agora vemos como o PP aposta por favorecer o pelotazo inmobiliario e facer unha oferta low-cost de inmobles que son patrimonio público e no que se investiron fondos millonarios”. Ademais Arroxo dixo que “algún dos baixos que se poñen á venta poderían albergar elementos patrimoniais importantísimos, como cloacas romanas, que poden ir a mans privadas”.

Arroxo afirmou que o seu partido aposta por un modelo de alugueiro co cal a Xunta manteña a propiedade dese patrimonio no que se investiu capital público.

Mesa de Traballo

Noutro senso, os propios veciños deste barrio convocaron unha Mesa de Traballo para dinamizar a zona, algo que os populares propuxeron no último pleno local e que saíu adiante pese ao voto en contra do partido socialista no concello de Lugo.

Antonio Ameijide, voceiro do PP no Concello de Lugo, asegurou  que el formará parte desta Mesa de Traballo, organizada polos veciños para o día 13 de novembro ás 17:30 horas na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, na Praza do Campo. O popular anunciou que aceptarán a invitación que os veciños da Tinería lles fixeron chegar “de inmediato” para que “saiban que estamos ao seu carón para revitalizar un dos barrios máis senlleiros de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com