" />

O BNG solicita que o Consello Escolar aborde a implantación Itinerarios Escolares Seguros

O BNG – Asambleas Abertas solicitará que na próxima xuntanza do Consello Escolar Municipal se aborde a implantación dos Itinerarios Escolares Seguros. A edil da formación, Maite Ferreiro entende que se trata do órgano do Concello que ten que pular por esta iniciativa e lembra de paso que “xa foi aprobada polo pleno en 2009 e aínda non se desenrolou”. Para os nacionalistas é o goberno quen debe trasladar a iniciativa ao Consello Escolar Municipal e dar conta do feito ata agora. 

O Consello Escolar Municipal é un órgano de consulta e asesoramento creado polo Concello de Lugo para promover a participación cidadá na programación e a xestión do ensino e aquelas cuestións relacionadas coas competencias municipais en materia educativa que preside Manuel Núñez.

Dende o BNG, asegurar que, “entendemos que se debe facer unha implantación progresiva destes itinerarios escolares para ter garantías de éxito e, pouco a pouco, extendelos ao maior número de centros educativos da cidade”. Os Itinerarios Escolares Seguros xa están a funcionar noutras cidades, como é o caso de Pontevedra, e teñen como obxectivo o agrupamento de persoas da comunidade escolar á hora de transitar, a pé, cara os centros escolares”. Estes itinerarios terían un ou varios trazados asignados a cada centro educativo e poríase en marcha en colaboración cos propios centros, as familias e coa participación voluntaria dos comerciantes da zona.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo