Burela chama á cidadanía a un cribado masivo a partir do xoves

O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación no cribado masivo que o Sergas realizará en Burela a partir do vindeiro xoves, 25 de marzo. O rexedor ven de asinar un Bando, que está colgado no taboleiro de anuncios da web municipal.

Nese Bando alúdese ao cribado voluntario que o Sergas realizará en Burela para a prevención do covid19. Está destinado a aquel sector da poboación que desenvolve a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado cara ao público usuario dos servizos públicos, privados ou do terceiro sector prestados no termo municipal de Burela: comercio retallista, hostalería, restauración, hospedaxe, supermercados, tendas de alimentación, transporte público ou privado de viaxeiros, etc…

Llano subliñou que “o único que teñen que facer é chamar ao 608 555 300 e anotarse. Poderán facelo de 8 a 14 horas ata o vindeiro mércores ás dúas da tarde. As persoas que voluntariamente desexen inscribirse nesta acción preventiva deberán facilitar o nome e apelidos, o DNI ou NIE, un teléfono de contacto e o sector no que desenvolve a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado”.

O alcalde, Alfredo Llano, engadiu que “si queremos evitar novos brotes de covid entre a nosa poboación temos que seguir atendendo os protocolos e non podemos relaxarnos nin moito menos, porque iso suporía volver para atrás. E o que queremos é ir para diante. Así que temos que conseguilo entre todos, dando o exemplo que é habitual en Burela, de responsabilidade, sendo conscientes do que pode suceder. De aí a importancia de participar neste cribado voluntario”. Desde as once desta mañá, momento no que se abriu a inscrición no devandito cribado, anotáronse 110 persoas, segundo os datos facilitados polo rexedor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com