Burela presente en “Xantar” a traveso do Bonito

O Concello de Burela estará presente na XVI edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Expourense desde mañá, 4 de marzo, ata o domingo día nove.

Segundo afirmou o rexedor, José María González Barcia, Burela contará con stand propio, no que se proxectarán imaxes da localidade e se distribuirá material informativo. O alcalde indicou que concello burelés usará o bonito e a actividade mariñeira como elemento fundamental da súa promoción, e tamén como reclamo. Para iso, o xoves terá lugar unha degustación de bonito, cedido por ABSA, coa finalidade de dar a coñecer o príncipe azul nun ámbito xeográfico no que o concello vén estando presente a través de Xantar desde hai anos.

@FaroNorteCom

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com