Burela recibirá o vindeiro 9 de decembro a Enrique San Francisco

A Concellería de Cultura de Burela poñerá á venda anticipada a partir do vindeiro luns, 20 de novembro, as entradas para asistir ao monólogo de Enrique San Francisco, que terá lugar o 9 de decembro na Casa da Cultura. Ademais a partir do 1 de decembro tamén estarán á venda as entradas para presenciar o ballet clásico El lago de los cisnes.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “as entradas para o monólogo que imos ter aquí de Quique San Francisco, o día 9 de decembro, sábado, ás nove e media, van saír á venda anticipada a 11 euros o día 20 de novembro, é dicir, o vindeiro luns. A partir das dez da mañá, estarán á venda estas entradas na Biblioteca Municipal, tamén na Casa da Xuventude e no restaurante Mis en Plas, que a xente tome nota dos tres sitios porque hai un pequeno cambio no local de hostalería que o vende e que agora, durante un tempo, será o Mis en Plas”.

O edil burelés lembrou que “tamén están á venda as entradas, que xa se venderon unhas cantas, para Jurásico. La isla Perdida, o espectáculo familiar que teremos o 15 de decembro, de dinosaurios, aventura e musical polo medio. Xa están á venda na Biblioteca e tamén estarán no Mis en Plas xunto ás de Quique San Francisco”.

José Díaz adiantou que “para o ballet clásico El lago de los cisnes, da misma compañía que a ópera, prevemos sacalas á venta a partir do 1 de decembro. Estarían á venta na Biblioteca. Co mesmo formato que a ópera van ser numeradas en platea, e estamos estudando se facemos tamén numeradas en anfiteatro un, para que todo o mundo poda elixir a súa butaca en todas as zonas do auditorio. Imos intentar que sexa así, pero confirmarémolo nos
vindeiros días”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo