Caballero ve a Feijóo “moi preocupado porque sabe que Abascal ten máis papeletas que el para ser Vicepresidente”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, advertiu hoxe que Feijóo está “moi preocupado porque sabe que Abascal ten moitas máis papeletas para ser vicepresidente”. Así o dixo nunha visita a Monforte acompañado do portavoz socialista no Senado, Ander Gil, e do alcalde da localidade, José Tomé.

O líder dos socialistas galegos considerou que o presidente da Xunta “sabe que o seu ciclo político chega ao seu fin e o PP de Casado non ten a forza para darlle o espazo político que quería ter en Madrid”. Sinalou que o PP “está pinchando na súa campaña en Galicia” cunha fuxida de votantes “uns a Ciudadanos e outros a Vox” porque “Feijóo abandonou o sentido da responsabilidade e de cumprir coas galegas e os galegos”.

Caballero reivindicou un “esforzo de mobilización masiva” a favor de Pedro Sánchez e dun proxecto “crible, que cumpre coas galegas e os galegos fronte aos incumprimentos e o cinismo do PP de Rajoy, de Feijóo e de Casado”. Aludiu á visita a Galicia do secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, “ese campión do disparo das aceitunas que nos toma o pelo aos galegos e ás galegas”.

Dixo que o político murciano do PP “nos toma o pelo aos galegos e ás galegas cando vén falar do AVE”. A infraestrutura, puntualizou o secretario xeral do PSdeG-PSOE, “vai chegar en prazo porque non hai un só segundo de retraso –nos investimentos- dende que Pedro Sánchez é presidente do goberno”.

Caballero defendeu o proxecto socialista “fronte a un PP botado en mans dunha dereita e ultradereita que non cren no autogoberno, que non cren no Estado das Autonomías, unha Galicia que non cre en Galicia”. Advertiu que “a dereita do PP, mesturada con Vox, supón un ataque á autonomía galega e á Galicia que queremos construír a maioría dos galegos e das galegas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com