Cae o tellado dunha casa abandonada en Camiño Real

Susto esta mañá na rúa lucense de Camiño Real, na que o tellado dunha das casas que fai esquina coa rúa Xulia Minguillón se veu abaixo; por sorte, os escombros caeron no interior do edificio polo que non se lamentan danos de ningún tipo.

Sobre a casa, que estaba abandonada, había interposta xa unha orde de execución subsidiaria para a rehabilitación e oito sancións do Concello por un valor total de 32 mil euros, segundo informou esta mañá o voceiro municipal, Miguel Fernández. A casa dispoñía xa das medidas de seguridade estipuladas polos técnicos responsables: se atopaba protexida cunha rede e tiña instalado un sistema de antidesprendimentos.

Aos poucos minutos do incidente, dúas dotacións de Bombeiros e outras dúas a Policía Municipal se achegaron á zona para cortar as dúas rúas afectadas e afastando con varios guindastres os vehículos alí aparcados por se se producían máis derrubamentos.

Nas horas seguintes, un arquitecto municipal se achegou á zona para avaliar os desperfectos no edificio e ver as posibles medidas a tomar que poden ser, segundo afirmou Miguel Fernández, ou ben o derrubamento controlado do edificio, ou ben a rehabilitación.

Nestes intres, a rúa Xulia Minguillón continúa cortada ao tráfico rodado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com