Campamentos de verán do Círculo das Artes

O vindeiro 28 de xuño,  arrinca unha nova edición dos campamentos de verán do Círculo das Artes que se prolongarán ata o 31 de xullo e a primeira quincena de setembro, e nos que poden inscribirse nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Os participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades: obradoiros de expresión plástica, cociña e ciencia, festas da auga, procuras do tesouro, xincanas, carreiras de orientación, multideporte, e xogos populares entre outras. Todas elas, adaptadas aos diferentes rangos de idade e impartidas por monitores especializados. Crearanse grupos burbulla, con cocientes reducidos.

Prazos, horarios e prezo

O prazo para apuntarse nos campamentos do Círculo está aberto dende o martes 1 de xuño e a inscrición será semanal. Poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, ou ben a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es,tamén chamando ao teléfono ao 982225051, en horario de luns a venres entre as 11.00 e as 13.00 horas, e de 16.30 a 20.30 horas.

O horario xeral será de 10 a 14 horas de luns a venres, con posibilidade, previa solicitude, de horario de madrugadores, que comezará ás 9 h e que está pensado para favorecer a conciliación laboral e familiar dos pais. O prezo será de 45 euros por semana e participante.

Medidas de seguridade

Nenas e nenos terán á súa disposición todo o material necesario para garantir o cumprimento das medidas hixiénico sanitarias, impostas pola normativa da covid19, e estarán acompañados permanentemente por un monitor. As salas de xogo e actividades hixienizaranse periodicamente e evitarase a coincidencia de distintos grupos entre si.

Haberá ata tres puntos para que o acceso e a saída sexan seguros e todos os nenos deberán levar máscara. A organización dos campamentos de verán responde o compromiso da xunta directiva do Círculo cos nosos socios, aos que queremos axudar a conciliar a súa vida laboral e familiar e aos que apoiamos na súa reincorporación ao traballo e ao lecer.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com