Campaña: #ExplotacionSexualÉViolencia

A Asociación Aliad Ultreia promove, co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a campaña#ExplotacionSexualÉViolencia , que ten como finalidade  facer visible  a explotación sexual como unha forma de violencia machista, poñendo a mirada sobre a realidade que hai detrás dos mitos que seguen a reproducirse en torno á prostitución, que buscan normalizar a existencia de puteiros e minimizar os efectos e consecuencias que ten na vida das mulleres e na sociedade a súa explotación sexual.

Os lemas e cancelos da campaña serán: #ExplotacionSexualEViolencia  e #PorQueSonAbolicionista. Para esta campaña gráfica deseñáronse 8 viñetas e dous carteis pola deseñadora de “El Bigote de la Gioconda”. Seis viñetas onde se cuestionan os mitos sobre a prostitución/explotación sexual de mulleres e se recollen datos e información que poñen en evidencia a súa falsidade.

Un cartel que recolle as medidas promovidas polo modelo abolicionista como un exemplo con bos resultados na abolición do comercio sexual e un cartel final onde se recollen algunhas das razóns polas que, Aliad Ultreia, se posiciona como abolicionista do comercio sexual.

O lanzamento da campaña iniciarase o 23 de setembro, Día Internacional contra a Trata e a Explotación Sexual de Mulleres e Nenas, publicando nas redes sociais a primeira das viñetas, que aborda a trata sexual de mulleres. Posteriormente, o resto das viñetas serán difundidas polas redes sociais da entidade semanalmente, rematando coa publicación do cartel final #PorQueSonAbolicionista  o día 18 de outubro, Día Europeo contra a Trata de Persoas.

Ademais da campaña en redes, o material desa campaña (viñetas e carteis) imprimirase, por un lado, en tamaño postal para ser empregadas como material didáctico na aulas cos e coas adolescentes e, por outro, en paneis para convertela nunha exposición itinerante para a súa difusión por diferentes espazos de carácter público e privado.

Aliad Ultreia é unha asociación de Lugo fundada no ano 1984 que, entre as súas áreas de traballo, desenvolve dende 2010 programas de prevención e atención a mulleres vítimas de todas as formas de violencia de xénero, entre elas a trata con fins de explotación sexual. Un elemento central do traballo nesta área son as accións de sensibilización e incidencia social de cara a abordar e traballar as causas que reproducen e perpetúan a violencia de xénero, que no caso da explotación sexual é centrarse na figura do puteiro, proxenetas e institucións que se benefician desa explotación de mulleres.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo