Cancelan o Resurrection Fest XS logo de que o Concello de Viveiro non ceda as instalacións

O festival Resurrection Fest formato XS, que anunciaban o pasado martes dende a organización, é cancelado tras anunciar o Concello de Viveiro que non cede as instalacións municipais para a celebración do evento.

Dende o consistorio emitiron un comunicado onde declaran “que apoian o Festival dende os seus inicios pero nesta ocasión e tendo en conta a situación actual da crisis sanitaria provocada polo coronavirus e a opinión maioritaria das veciñas e veciños de Viveiro, deciden non autorizar a cesión do espazo para a celebración do festival”.

Para o Concello “o problema non estaría dentro do recinto”, xa que lle parecen acertadas as medidas que se ían adoptar, “senón fóra, nas rúas e espazos públicos de Viveiro, xa que non se podería garantir as medidas de seguridade”.

Lamentan a decisión e aseguran que “comezaran a traballar dende xa para poder celebrar a edición do 2021 nas mellores condicións posibles”.

Por parte da organización lamentan a decisión do Concello e nun comunicado nas súas redes sociais apuntan que “non entendemos para nada a decisión, cando estamos a propoñer a alternativa cultural máis segura que se poida facer hoxe en día. Entristécenos este cambio de opinión e decisión final, a cal non compartimos en absoluto, e non entraremos a valorar os motivos polos cales se tomou. Queremos seguir mantendo unha boa relación co Concello de Viveiro, e a pesar de non compartilo, acatámolo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com