" />

Candia reuniuse con representantes do sector pesqueiro en Celeiro e Burela

A cabeza de lista da candidatura do PP pola provincia de Lugo ás eleccións ao Parlamento Galego, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de Porto de Celeiro e Armadores de Burela na que se destacou a importancia do volume de descargas e facturación nas lonxas da Mariña. A popular destacou, que “a media do número de descargas de peixe durante o goberno de Feijóo creceu en máis dun 7% con respecto á etapa do bipartito e a facturación, neste mesmo período, incrementouse case un 24%”.

Candia explicou que “as descargas no ano pasado foron de 30.700 toneladas de peixe e marisco, o que representa preto do 20% das descargas no total de Galicia. Máis indicativo do peso do sector pesqueiro da nosa comarca é o volume de facturación que alcanzaron as lonxas no último ano: 108,8 millóns de euros. Isto representa o 24% de Galicia. É dicir, entre Celeiro e Burela xuntas moven a cuarta parte do diñeiro das lonxas galegas”,

Dos 157 buques da frota do sector pesqueiro da provincia de Lugo, 43 con base en Burela e Celeiro forman parte da frota de Gran Sol -a metade da frota española-. Candia quixo facer especial mención á merluza como principal peixe extraído que chega a mover cada ano máis de 100 millóns de euros.

BREXIT

“Esta situación afecta de forma particular á Mariña” porque “a actividade da frota con porto base en Burela ou Celeiro que faena en augas comunitarias -entre elas ata agora as británicas- é moi importante e ante a falta dun acordo que permita aos buques seguir faenando nesas augas supón graves prexuízos para os nosos barcos”.´ Por outra banda, buques de bandeira británica descargan e venden os seus produtos nos portos mariñáns; polo que, de non chegarse a un acordo noutro sentido, serían considerados de terceiros países no momento da saíde e sería preciso que pasen unha inspección aduaneira dun Punto de Inspección Fronteiriza de competencia do Goberno central. “Neste momento, non existe ningún en ningún porto da comarca”, advertiu a popular.

A candidata  especificou que “Galicia foi a primeira rexión europea en trazar unha folla de ruta e sigue expectante ante o Brexit”. E, ademais, “a Xunta creou un grupo de traballo interdepartamental sobre o Brexit e sobre os efectos que tería na economía e na sociedade galega. Así mesmo, puxo en marcha hai meses unha plataforma dixital que ofrece asesoramento técnico e personalizado ás empresas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo