Carballo: “a división do voto condicionou o resultado e impediu que alcanzásemos a maioría absoluta”

O Presidente local do PP e candidato popular á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, analizou esta tarde diante da xunta directiva local do partido os datos electorais dos comicios celebrados o pasado domingo. Carballo recalcou que “somos a forza máis votada no concello e gañamos un concelleiro” lembrando que “15.360 lucenses votaron ao Partido Popular”.

Con respecto aos resultados por distritos, subliñou que “se gañou en preto do 80% das mesas da cidade”, agradecéndolle aos colaboradores do partido “o seu traballo sen descanso durante os últimos meses”. Carballo explicou que “a división do voto condicionou o resultado e impediu que alcanzásemos a maioría absoluta”. “Os resultados deixan claro que o PP é a única alternativa xa que os votos emitidos para as outras forzas da dereita foron votos perdidos”, matizou.

O Presidente da xunta local tamén destacou que a nivel de Galicia, en Lugo “conseguimos” o segundo mellor resultado do PP nas grandes cidades galegas por detrás de Ferrol.

Carballo manifestou que o castigo á xestión de Méndez foi rotundo “celebráronse dúas eleccións, á mesma hora e no mesmo día, e os resultados evidencian que os cidadáns sancionaron á socialista xa que, mentres que o PSOE gañou nas eleccións europeas ao PP en Lugo”, con seis puntos de diferenza, nas eleccións municipais o partido socialista perdeu en seis puntos en relación co PP.

Para Carballo “mal imos se a señora Méndez non se dá por aludida, nin fai unha mínima autocrítica do seu desgoberno” en relación ás declaracións de hoxe, nun medio local, nas que presume de que “a cidadanía valorou o traballo que fixeron”. O presidente local do PP e candidato popular lémbralle que foi o seu goberno o que tivo peores resultados en Galicia “no mellor momento do PSOE en toda España, en Lugo, Lara Méndez lonxe de sumar apoios, perdeu 1460 papeletas e case catro puntos de porcentaxe”.

O popular tamén lanza unha mensaxe ao BNG e lle pide que sexa esixente con Méndez polo ben de Lugo lembrándolle que foron os nacionalistas os cómplices necesarios, hai catro anos, para poñer a Méndez no sillón da alcaldía. Para o popular agora toca definir estratexias para continuar fortalecendo a estrutura do Partido Popular “somos un partido de persoas traballadoras, temos que volver á normalidade e a partir do 15 de xuño traballar con sentido común e rigorosidade para fiscalizar o traballo dun previsible bipartito no concello de Lugo”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Mai 29, 2019 - 10:14 PM

    A oposición, catro anos, aleeeee

    Reply
    • Avatar
      Miguel Angel Ferreiro Vazquez
      Mai 29, 2019 - 11:08 PM

      José Manuel González Díaz Ti atendé o teu, que non necesitamos a opinión de alguien de fora de Lugo.

      Reply
    • Avatar
      José Manuel González Díaz
      Mai 29, 2019 - 11:54 PM

      Miguel Angel Ferreiro Vazquez , a alcaldesa, non e de Lugo, e podo opinar do que queira, si non che gusta, botalle sal, demócrata.

      Reply
  2. Avatar
    Eutasia
    Mai 29, 2019 - 10:05 PM

    O mesiño q lle pasou ao pode logo…a división do voto https://t.co/Tp1a0v5Vr8

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo