Carballo: “a incompetencia de Méndez pasa do farol do Garañón ao apagón navideño”

Os populares lucenses analizaron, na xunta directiva local que se desenvolveu esta tarde na sede do PP, a actividade realizada durante este último trimestre no ámbito municipal. O presidente local e candidato á alcaldía por Lugo, Ramón Carballo, detallou todos os actos, reunións, sectoriais e accións de comunicación que se desenvolveron para articular o proxecto do modelo de cidade que se aglutinan baixo o lema Lugo en Marcha.

Ramón Carballo explicou que “hai un sentir xeral dunha necesidade de cambio” aclarando que “cada día que pasa hai máis lucenses descontentos co déficit de xestión e as desculpas peregrinas do goberno socialista incapaz de organizar o concello”. O alcaldable manifestou que “en poucos días pasamos do faroleo e a improvisación de Méndez a conta das torres do Garañón ao silencio da alcaldesa incapaz de dar explicacións do apagón das luces de Nadal”. “Estas situacións rocambolescas nos poñen en alerta da necesidade que ten o concello de Lugo de poñerse a funcionar” engadindo que “é hora de sair da parálise na que está inmersa e bloqueada a cidade”.

Pola súa banda a Presidenta Provincial, Elena Candia, lamentou que “Lugo teña unha alcaldesa instaurada nunha política de oposición á Xunta máis que nunha política de traballo por e para os lucenses aludindo a cuestións como os proxectos para o barrio da Residencia, o desenvolvemento da Tinería …”. Elena Candia eloxiou, durante a súa intervención, o traballo realizado polo candidato de Lugo salientando que “o Concello de Lugo merece ter ao fronte a unha persoa que empatice cos cidadáns e que entenda que a mellora dos servizos e o progreso do municipio só se pode conseguir co entendemento e o traballo conxunto”.

A Presidenta Provincial tamén aludiu “aos graves problemas de persoal que hai no Concello de Lugo pola falta de diálogo” e insistiu “na incapacidade de xestión e na indefinición do goberno que non é quen de tomar decisións en tempo e forma para que Lugo avance”.

Pola súa banda, o voceiro do PP no Grupo Municipal, Antonio Ameijide, destacou que neste mandato Lara Méndez consagrouse “como a alcaldesa experta en lograr consensos en contra da súa xestión en alusión ao Garañón” tamén criticou que “a súa nula xestión coloque a Lugo, a unhas semanas de que remate o ano, sen orzamentos para 2019 e sen debate de ordenanzas fiscais “estamos a falar dos piares para organizar a economía municipal”. Dende a última xuntanza da xunta directiva local o Grupo Popular rexistrou un total de 13 iniciativas das cales aprobáronse a practica totalidade, tan só quedou sen contar co apoio do resto dos grupos a petición de elaborar unha ordenanza cívica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo