Carlos Armesto novo secretario xeral do Partido Popular de Lugo

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, confirmou esta mañá que Carlos Armesto Quiroga será o novo secretario xeral na executiva popular lucense.  Armesto Quiroga é deputado provincial e vicevoceiro do Grupo do PP na Deputación, ademais de que exerce dende 1991 a responsabilidade de primeiro tenente de alcalde no Concello do Saviñao.

Elena Candia tamén anunciou a integración ao seu equipo de Margarita López Blanco, como responsable da Secretaría de Comunicación e de Manuel Antonio Fernández Piñeiro da de Novas Tecnoloxías. Margarita López Blanco, de Lugo, é licenciada en Dereito, actualmente funcionaria de carreira, grupo A1 na Administración local, con ampla experiencia en comunicación institucional. O lucense Manuel Antonio Fernández Piñeiro é pedagogo e exerce, dende fai anos, un destacable traballo no ámbito nas novas tecnoloxías no PP de Lugo.

Candia lembra que se trata de dúas áreas que terán unha destacada importancia na nova executiva provincial, xa que, como anunciou a actual presidenta do populares lucenses, dende o PP ofrecerase un servizo de asesoramento e comunicación ás agrupacións locais, ademais de que se empregarán as novas tecnoloxías para incentivar o contacto cos afiliados e simpatizantes, peza clave para a nova dirección.

Candia prevé presentar o vindeiro venres, xunto a Ramón Carballo, o equipo de dirección  do PP provincial lucense, dende o que  “tenden a man para sumar esforzos e traballar todos xuntos”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com