" />

Carme Aira: “debemos impulsar o sector con ferramentas para garantir prezos xustos”

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira, visitou unha explotación gandeira de vacún en manexo extensivo na localidade do Corgo para comprobar de primeira man as problemáticas que está a padecer os produtores e produtoras de carne.

A baixada de prezos coa escusa dos efectos socioeconómicos da COVID-19, o incremento de prezos dos insumos e a falta de feramentas para a comercialización directa, como tamén, a pouca información que se lle ofrece ao consumidor sobre o tipo de carne que está a consumir, foron as inquedanzas e eivas que se trataron neste encontro.

Por isto, o BNG impulsará iniciativas no Parlamento galego para correxir os déficits de control sobre os prezos, e de igual xeito, o fomento de ferramentas para estimular o sector, como por exemplo, a comercialización a través de canles de venta directa ou de forma on-line.

Dentro destas iniciativas, a deputada Carme Aira sinalou a necesidade de activar un programa de axudas directas a este sector produtivo “estas axudas permitirían equilibrar os prezos, ou polo menos, asegurar mecanismos para pagar directamente aos criadores” ao que deputada nacionalista subliñou que con esta proposta “garántese a continuidade das granxas e fréase o despoboamento, xa que en moitas zonas o sector primario é o único do que se está a soster a actividade económica”.

Neste senso, Carme Aira reivindicou o papel da IXP Tenreira Galega como selo de calidade e diferenciación con outras carnes, con énfase na categoría Suprema “demandamos á Consellería de Medio Rural o fomento dunha campaña para informar ás consumidoras e consumidores dos diferentes tipo de carne que existen no mercado, no que na categoría da IXP co selo Suprema debe enfatizarse non só pola calidade senón pola maneira de producir este tipo de carne”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo