Carmela López participa en Celeiro na tradicional procesión marítima das Festas Patronais e do Mar

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo en Celeiro na tradicional procesión marítima pola ría de Viveiro, un dos actos centrais das Festas Patronais e do Mar, que se celebran na localidade desde o pasado xoves.

A procesión, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo de Celeiro, reuniu a numerosas embarcacións que acompañaron a imaxe da Virxe do Carme no seu percorrido pola ría, nunha mostra de fonda devoción mariñeira e de homenaxe ao sector pesqueiro.

Durante o acto realizouse unha ofrenda floral en memoria dos mariñeiros falecidos, un momento especialmente emotivo no que se lembrou a aqueles que perderon a vida no mar. A continuación, a imaxe da Virxe do Carme foi trasladada ata a Igrexa, onde continuaron os actos relixiosos previstos dentro da programación das festas.

A presenza da presidenta provincial nesta celebración puxo de manifesto o apoio institucional a unha das tradicións máis arraigadas da Mariña lucense, que cada ano congrega a veciñanza e visitantes arredor dunha festa que combina relixiosidade, cultura mariñeira e identidade local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com