Carmela López reivindica en Meira o valor das tradicións do rural

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo na última xornada da XXXIV Festa da Malla de Meira, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, que reuniu milleiros de persoas ao longo da fin de semana.

Acompañada polo alcalde, Antonio de Dios, e outros representantes provinciais, López destacou a importancia da celebración para «manter vivas as nosas tradicións, preservar a memoria dos nosos concellos e transmitir ás novas xeracións aquilo que forma parte da nosa identidade».

  A Festa da Malla, nacida en 1992 por iniciativa da veciñanza, promove a recuperación das antigas labores agrícolas e da cultura tradicional. A edición deste ano contou con obradoiros, música, exposicións de maquinaria e artesanía e actividades para os máis pequenos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com