Carmen González: “Metinme en política pola crispación que sinto ante a mala xestión de Lara Méndez”

“Metinme en política pola crispación persoal e de achegados que sinto pola mala xestión de Lara Méndez, algo que non é deste ano, senón dos últimos catro. ¿Qué fixo Méndez López? Eu podo dicir que nada”, así resumía a candidata de Galicia Sempre á alcaldía de Lugo, Carmen González, os motivos que a levaron a presentarse como candidata, por primeira vez, nestas eleccións; durante a entrevista que mantivo en XornaldeLugoTV.

Carmen González, mestra de filosofía nun instituto lucense, adicouse durante a campaña electoral a tentar o pulso da cidadanía e descubrir que a veciñanza ten “un rexeitamento total á política”. “Estamos intentando que a xente de a pé, de todos os barrios, volva confiar na política como algo que vai respaldar á cidadanía”, explicou a candidata que asegurou que traballarán con “honestidade, transparencia e eficacia” para resolver todas as eivas de Lugo.

Entre as propostas do seu partido destaca o primeiro que farán se acadan o bastón de mando da cidade: “o primeiro que hai que arranxar é todo o que está a ocorrer dentro do Concello de Lugo”, con esto, comprometíanse a convocar as prazas de xefatura de todos departamentos de Lugo.

Carmen González pediu aos veciños da cidade, “apoio e confianza” para poder entrar a formar parte da corporación municipal.

Para saber máis do programa desta agrupación para a cidade de Lugo, calquer lector do noso xornal pode acceder á nosa canle de Youtube onde terá o vídeo da entrevista a Carmen González, ao completo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo