Carmen Veiga, candidata do PSOE á Alcaldía de Barreiros

Os socialistas de Barreiros celebraron este sábado a asemblea extraordinaria para elixir ao candidato á Alcaldía para as vindeiras eleccións municipais. Os militantes decidiron por aclamación que a actual voceira e Secretaria da agrupación, Carmen Veiga Rodríguez, lidere o PSOE de Barreiros. Esta veciña do municipio mariñán, que traballa en Ribadeo como peón de limpeza, será a segunda vez que capitanee a candidatura dos socialistas. Durante o encontro estiveron presentes o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o Presidente da Deputación, Darío Campos; e a Deputada no Congreso de España e Membro da Executiva Federal, Pilar Cancela, así como o resto de compañeiros do PSOE na comarca.

En primeiro lugar, Carmen Veiga agradeceu o apoio e confianza amosada polos socialistas de Barreiros e polo grupo provincial para encabezar este proxecto político. “Imos confeccionar unha lista que reflicta e recolla as inquedanzas de toda a sociedade de Barreiros co obxectivo de que os socialistas gañemos os próximos comicios. Estamos ante un momento de moita responsabilidade, por iso, que ninguén dubide do esforzo e traballo que imos facer para que Barreiros volva estar no lugar que se merece, que falen das nosas fermosas praias, da exquisita comida ou da xente amigable coa que contamos, e non dos problemas que temos no Concello por culpa dunha pésima xestión do goberno do PP”.

“É un momento de cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Temos que ser capaces de ofrecerlles un proxecto social que integre e que non deixe a ninguén fora. Desenvolver ideas ilusionantes, escoitando as demandas dos veciños e traballando cóbado con cóbado con eles para dinamizar a vida social, a economía e o turismo do noso Concello, aproveitando as oportunidades que o territorio nos achega. Estou convencida que dende a unión e a forza o conseguiremos”, engadiu a candidata socialista.

Pola súa parte, Álvaros Santos felicitou a Carmen Veiga e destacou que “o PSOE presentará un proxecto no que primen as persoas sobre os intereses partidistas, no que estar ao carón dos veciños e as súas necesidades sexa o motor que nos empuxe a gañar as elección de maio”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis
    Dec 22, 2018 - 07:42 PM

    A tipa traballando para conseguir ainda u n pior resultado

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo