Carvalho Calero e Díaz Castro: admiración mútua

A primeira edición de Nimbos foi publicada en 1961 por Galaxia. A segunda, dúas décadas depois, publicada pola Editora Nacional en edición bilingüe, contou con un longo prólogo de Ricardo Carvalho Calero. A terceira edición , novamente con Galaxia, viu a luz em 1989, xa novamente só en galego, mais sen o prefácio de Carvalho Calero. Foi precisamente esta edición a que utilizou como base un coñecido xornal galego para unha colección  de literatura galega que distribuíu en 2002.

Segundo Armando Requeixo, outro dos grandes admiradores e estudiosos de ambos autores, «a teoria poética diaz-castriana encerrada en Nimbos descubrenos un poeta convencido do esencial papel xogado pola lírica no devir humano, pois a palabra dá vida e sentido à existéncia».

Tenme contado Alfonso Blanco, que Carvalho foi o máis grande coñecedor e admirador da obra de Díaz Castro, co que mantivo contacto mesmo antes de coñecerse persoalmente (o prólogo de Carbalho para NIMBOS é de 1981) no ano 86 do pasado século nun piso que tiña Carvalho Calero en Lugo. Conta Alfonso que cando don Ricardo abreu a porta e despois de botar un anaco observandose, éste dixo “por fin coñezo ao home”.

Despois dese encontro, Díaz Castro ten visitado ao profesor en varias ocasións no despacho que tiña na antiga facultade de filoloxía en Mazarelos (hoxe de história) e teñen dado longos paseos pola zona vella de Compostela.

Díaz Castro admiraba a obra e a sabiduría de Carvalho Calero ao que lía e consultaba e don Ricardo sempre tivo NIMBOS na mesiña ao pé da súa cama o que da unha idea dese fondo respeto mútuo entre os dous eruditos das nosas letras.

Lembra Alfonso Blanco os problemas que deu o prólogo de Carvalho Calero para a edición de 1989, primeiro traducido por Galaxia ao galego oficial e co lóxico enfado de Alfonso e que foi finalmente desbotado coa escusa da perda de subvención da Xunta de Galicia. Ese prólogo non volveu a ser editado en ningunha das múltiples edicións posteriores.

O prólogo está editado por AGAL nun vello libro que recolle traballos de Carvalho Calero entre os anos 80 e 85 do século pasado e do que aínda quedan exemplares físicos e será difundido pola NPG Nova Poesia Guitirica  e Os Vilares lareira de soños nas súas redes sociais nos próximos días.

Hoxe, Díaz Castro estaría feliz ao ver o recoñecemento ao seu amigo coa dedicatória das Letras Galegas 2020, como o estaría tamén coas dedicadas en 2015 ao seu outro grande amigo Manuel María. No caso de don Ricardo, especialmente, ao ser coñecedor de primeira man do boicot institucional padecido tantos anos (o prólogo de Nimbos foi outra demostración dese boicot) ao que él consideraba o máis grande coñecedor da nosa língua e da nosa literatura.

Díaz Castro non foi reintegracionista, máis sí un coñecedor de numerosas línguas, entre elas o portugués, e mantiña un grande respeto polas teorías de Carvalho, até o punto de defender a publicación do preámbulo de Nimbos en reintegrado.

É pois unha honra para Guitiriz e a Terra Chá esa conexión entre os dous poetas (Carvalho Calero foi tamén un grande poeta) e poder contar aínda coa memoria viva de Alfonso Blanco Torrado ou o vilarego de Ferrol, Man Castro como testemuñas de tantas cousas que de seguro disfrutaremos escoitando en 2020.

Nimbos, chegou a ter un prefácio de Carvalho Calero, quen definira o poemário como restaurador da “poesia total”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com