Case 20 mozos da ESO visitan empresas lucenses de éxito no rural

Un total de 19 mozos da ESO do IES de Navia de Suarna visitaron durante o día de hoxe empresas lucenses de éxito no rural para fomentar e impulsar o emprendemento na provincia. Fixérono acompañados polo Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e ao abeiro do Campus de Emprendemento Sostible, unha pioneira iniciativa da Deputación de Lugo, coa que alumnos da provincia reciben formación e asesoramento gratuíto para crear as súas empresas, aproveitando os recursos de xeito sustentable.

Fernández Queipo explicou que “dende o Goberno da Deputación defendemos vivir no rural e do rural, por iso traballamos cada día para conseguir xerar novas oportunidades de negocio, aproveitando os recursos dos que dispomos de xeito sostible. É por iso polo que ofrecemos este plan, enfocado neste caso aos mozos, aos que ofrecemos formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresariais e modelos de negocio de éxito na provincia de Lugo. Pero ademais, completamos esta formación con visitas in situ como a de hoxe, na que os mozos coñecen distintas empresas que dan bo exemplo de que o rural lucense ten moitas potencialidades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo