" />

Castiñeira propón declarar Area de Rehabilitación Integral (ARI) a Milagrosa

O candidato do Partido Popular Jaime Castiñeira propón a rexeneración e revitalización do espazo urbano de cinco barrios emblemáticos da cidade.

O proxecto de cidade denominado “Un Lugo para vivir” ten no punto de mira a mellora da calidade de vida así como recuperación da imaxe de zonas como “a Milagrosa, o barrio Feijoo, Recatelo, A Ponte así como tamén continuar coa rehabilitación do ARI da Tinería”.

O alcaldable popular destacou que “estes barrios teñen que recuperar a súa identidade: teñen espazos con encanto, edificios catalogados e un tecido urbano singular que permitiría recuperar o espazo interior das mazás para áreas de esparcemento, dotacións e zonas verdes para as persoas”. Castiñeira salientou a revitalización destas cinco zonas suporá unha mellora sustancial tanto dos barrios nos que se fagan as actuacións como no seu entorno.

Jaime Castiñeira:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo