Castroverde acolle o III Festival Son Labrego o vindeiro sábado

Sonia Vidal Lamas (Sindicato Labrego Galego) e Pilar Ferreiro Villar (Concello de Castroverde) presentaron  hoxe  a terceira edición do Festival Son Labreg@, que nesta ocasión se celebrará na parroquia castroverdense de Montecubeiro, coa colaboración do Centro Social d’A Chave das Noces.

Este festival é un evento itinerante e que xa se ten celebrado noutros escenarios rurais como Lousada (Sarria) ou Garabelos (Chantada).
Diante dos medios de comunicación, Sonia Vidal Lamas, da Executiva e da área de Mocidade do SLG, debullou un programa que, en canto aos contidos, este ano estará centrado no ecofeminismo e na xestión dos montes comunais. Dende este punto de vista, co
Son Labreg@ deste ano preténdese non só destacar o uso multifuncional do monte como factor decisivo para a prevención de lumes, a xestión do territorio, o emprego no rural ou a conservación do medio ambiente; senón, ademais, facer visible o papel fundamental que as mulleres desempeñaron e desempeñan neste senso.
Precisamente, a palestra coa que abre o festival ás 12:00 leva por título “Alternativas produtivas do noso monte”, e contará coa participación de experiencias contadas en primeira persoa polas súas protagonistas como as cooperativas Amarelante (Manzaneda) ou Ribeiregas (Negueira de Muñiz), as comunidades de montes de Froxán (Lousame) ou Carballo (Friol), e
experiencias produtivas como a de Gemma Sampedro co gando caprino e as súa empresa Cabuxa
Natur (Guntín).
Xa pola tarde, ás 18:00 horas, presentarase o libro Montes que non arden: as mulleres na prevención dos montes comunais. Trátase dunha iniciativa impulsada dende o Proxecto Batefogo que se vai plasmar na publicación dun libro multidisciplinar, pola Editorial Catro Ventos, no que profesionais de diversos ámbitos analizan o papel imprescindible das mulleres na xestión do monte.

Una aposta lúdica que terá como prato forte actuacións musicais todo o día con Trasdalomba, Amigos do Caldeiro, Sacha na Horta, Tecor Sociétario e Sapoconcho sem Poncho

Ademais de música, haberá actividades propias para a rapazada, un obradoiro de elaboración de pan a partir de landras, un campionato aberto de billarda e a tradicional feira que sempre acompaña este festival cunhas previsións que apuntan a unha vintena de postos nos que haberá alimentos de calidade, artesanía, organizacións sociais, etc.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com