" />

Castroverde acolle un concerto do ciclo Sons do tempo

A  igrexa de Santiago de Vilariño de Castroverde será o escenario dun novo concerto do ciclo “Sons do tempo”. Esta actuación que corre a cargo do grupo Lucus Ensemble, forma parte dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval.

A mostra O Son do Tempo enmárcase nun proxecto máis ambicioso para a recuperación do noso patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos concellos da provincia.

Esta cita contribúe a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura, como neste caso, os sons medievais tan arraigados na nosa historia.

 Lucus Ensemble

O Grupo lucense Lucus Ensemble esta formado por músicos de recoñecido prestixio, e esta considerado un dos principais referentes da música de cámara da provincia. Este grupo está formado por trece compoñentes (once instrumentistas e dous vocalistas), e goza dun prestixio gañado a pulso ao longo dos case cinco anos da súa existencia, e dos seus múltiples concertos e repertorios diferentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo