Museo Provincial de Lugo. Foto libre de dereitos de uso.

Catedral e Museo Provincial, a oferta guiada da SECAL 2024

A presente edición da Semana de Exaltación da Cultura e da Arte de Lugo, impulsada dende a Asociación de Empresarios Lugo Monumental, oferta a realización de visitas guiadas a puntos emblemáticos do casco histórico da cidade. A través de catro roteiros calendarizados, abren á inscrición dos interesados a participación nunha visita á Catedral de Lugo e tres ao Museo Provincial de Lugo.

A primeira, baixo o nome “Los paisajes en la Catedral de Santa María de Lugo” e no que se visualizarán as paisaxes existentes dentro da basílica, está programada para este martes 10 de decembro, ás 17:00 horas da tarde. Para os días 11, 12 e 13, coa hora do reloxo para o encontro ás 18:00 da tarde, serán guiados seguindo a temática “Iconografías, símbolos ocultos e máis rarezas do Museo Provincial de Lugo” os grupos inscritos dentro das instalacións do Museo Provincial.

As reservas de praza para as citas poden ser realizadas, ata cubrir os cupos, a través do correo electrónico asociacion@lugomonumental.es ou mediante mensaxe de WhatsApp ao número 644 63 74 44.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com