" />

Catro persoas feridas nunha colisión en Lugo

Un accidente de tráfico entre dous vehículos deixa catro persoas feridas en Lugo. A colisión rexistrouse na parroquia do Veral, na intersección da LU-232 coa LU-P-2901.

Os Bombeiros desprazáronse ao punto cun equipo de excarceración, xa que nun primeiro momento pensábase que había unha persoa atrapada no interior dun dos coches accidentados. Finalmente, todas as persoas feridas puideron abandonar os vehículos polos seus propios medios. Todas elas foron trasladadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

Foi unha persoa particular a que alertaba do sinistro ás 13:30 horas de hoxe. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. Tamén se informou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo