CCOO chama á veciñanza de Lugo a participar na recollida de sinaturas convocada para o día 30 de maio diante o Concello

Ante a falta de persoal nos servizos municipais e a mala xestión continuada por parte do Concello, que está a afectar gravemente á calidade dos servizos públicos que toda a cidadanía de Lugo merecemos, convocamos unha mesa de recollida de sinaturas para esixir responsabilidades e solucións urxentes.

Estaremos o día 30 de maio de 9:00 a 14:00 horas diante do Concello de Lugo (praza Maior)

As demandas que plantexamos son as seguintes:

  • Pedimos de maneira inmediata dotación de persoal suficiente en todos os departamentos municipais para evitar a  espera e axilizar todos os procedementos.
  • A mellora da planificación e organización dos servizos básicos para unha atención máis eficiente.
  • O persoal municipal  non temos a culpa, cando nin sequera se nos respectan os dereitos e condicións laborais.
  • Esiximos transparencia na xestión e rendición de contas por parte do equipo de goberno.

A túa sinatura conta! Participa e axúdanos a defender un Lugo máis xusto, eficiente e ao servizo da cidadanía.

  • Os servizos públicos municipais son a nosa gran fortaleza. O que ten que facer este Goberno Progresista de Esquerdas é pisar o acelerador dunha vez para impulsar un Concello moderno e eficaz xunto ao persoal municipal. Cada vez que este Bigoberno  privatiza un servizo público está obrigando á cidadanía de Lugo a abonar o IVE máis un beneficio económico ás empresas encargadas de prestar os servizos,  beneficio que sae da suba dos impostos.
  • O concello de Lugo non ten unha organización dos RRHH de cara a planificar os servizos máis esenciais do Concello. O deterioro dos servizos municipais agravado pola falta de persoal en servizos de atención continuada, xera no persoal sobrecarga de traballo e por conseguinte unha mingua na calidade dos servizos que se prestan á cidadanía,
  • O persoal do Concello de Lugo NON temos a culpa desta desorganización, ademais este Goberno está a vulnerar constantemente os nosos dereitos e condicións laborais.
  • Este Goberno non é transparente nin rende contas cando lle son solicitadas. Temos casos flagrantes os cales pedíuselle explicacións e tomaron a calada como resposta,  ou con evasivas. É unha falta de respecto cara ó persoal público, lonxe de reforzar os servizos municipais, permiten o seu desmantelamento provocando servizos saturados, trámites acumulados ou  retrasos nas citas……..
  • Quen di defender os servizos públicos non pode contar no seu haber con toda a súa Área de xestión entregada a empresas e Oligopolios.

Lugo, 29 de maio de 2025.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com