A Asociación Si, hai saída condena o crime machista de Oia

A Asociación Si, hai saída condena o crime machista de Oia e de novo reitera a necesidade dunha profunda revisión no seo das FCSE.

Desde a Asociación Si, hai saída queremos expresar a nosa condena e a nosa dor polo crime machista de Oia no que unha muller natural da nosa cidade foi asasinada a tiros pola súa ex parella, un G. Civil, cunha orde de afastamento de 300 mts. malia o cal seguía tendo acceso a armas e continuaba en activo. Así mesmo desexamos facer chegar o noso apoio e o noso agarimo a todos os seus seres queridos.

Son xa innumerables as veces que, desde Si, hai saída, temos alertado da gravidade do que está a acontecer no seo das FCSE, na ineficacia ou, a lo menos, as graves eivas, dos requisitos esixidos para ingresar nas súas filas, obviando algo tan elemental como a estabilidade psicolóxica dos seus membros que, entendemos, debería ser, ademais, revisada e valorada periodicamente, petición esta, ademais, cuxa necesidade e urxencia, por desgraza, os avala os cada vez mais numerosos casos nos que, coma neste caso, se ven implicados algún dos seus membros.

Non podemos obviar, ademais, casos nos que algún axente cun perfil claramente machista, ou que mesmo exerce o maltrato no seu eido privado, atendendo tan so aos seus méritos policiais, e facendo caso omiso do anteriormente exposto, e destinado a unha Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller), para ocuparse de tomarlles declaración as vítimas de violencia machista asistilas e protexelas.

Non somos quen de entender como algo tan obvio se deixa de lado polo que, hai algúns meses fixemos chegar a nosa petición ao Ministro do Interior, F. Grande Marlaska, do que obtivemos moi boas e fermosas palabras, pero, a vista está, ningún compromiso, e, porén, cero resultados.

Por non mencionar a total indiferenza que, ante algo tan obvio, amosan as responsables do Ministerio de Igualdade, mais preocupadas en dilapidar miles de euros en accións tan absurdas como a creación dunha aplicación para saber canto tempo dedicamos as tarefas do fogar ou en facer un estudo, a estas alturas, para confirmar si o aumento de horas de convivencia nas vacacións aumentan o risco de que se produzan episodios de violencia machista.

E mellor non falamos dese “feminismo” oportunista (e, unha vez mais, aclaramos que non nos estamos a referir ao de verdade, que, afortunadamente, tamén existe) que, ben seguro, estará xa organizando a posta en escena ante este novo feminicidio para saír na foto e contarnos, unha vez mais, canto sofren, pero que non son quen de chamarlle as cousas polo seu nome e abordar a raíz do problema.

É moito mais cómodo, e infinitamente mais práctico, condenar ao sistema, así, en abstracto, para seguir vivindo del, como sucede na maioría dos casos. Afrontar o problema de cara é algo que nos reservan aos que non cobramos e, aínda por riba, molestamos.

A base do problema, a efectos prácticos, ademais dos factores educacionais, por suposto, está perfectamente identificada, mais de nada serve, se se opta por seguir mirando a outro lado e permitindo e mesmo fomentando que primen outros intereses.

Asociación Si, hai saída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com