Fraga e Vilalba

Sabendo que me meto en camisa de once varas, o ser vilalbés non é que me permita senón que me forza a escribir sobre o fillo de Fraga Bello que chegou a ministro. Na Academia, Daniel Ferreiro contábanos que Fraga, daquela con corenta anos, “xa só estudaba doce horas diarias”. Para os que estudiar dúas horas seguidas era un esforzo brutal, que alguén estudase doce era inconcibible.

Cando o fillo do antigo alcalde foi ministro, Vilalba fixo festa. Era o maior de doce irmáns, e comentábase que aínda era máis intelixente un irmán que morrera novo. Puxo a Vilalba no mapa, trataba con toda a xente, ao chegar a Vilalba collía un caxato e ía percorrer as fincas familiares, e o vilalbés que andara por Madrid e precisara del tiña abertas as portas do seu despacho. Algún veciño en apuros sanitarios foi operado polo mellor especialista por xestión do vilalbés ministro que – luces e sombras como tododiós  propiciou aperturas como as Leis de Prensa e Liberdade Relixiosa e o milagre do turismo.

Cándido de min, coidaba que estaría redimido do seu pasado ademocrático (se algo é alegal cando non hai lei que o regule, cando non hai democracia ben podemos chamarlle así) tendo sido fundador dun partido democrático, un dos pais da Constitución, Vicepresidente do primeiro goberno da monarquía e Presidente da Galicia democrática con varias maiorías absolutas. Redención reforzada pola demostrada querencia vilalbesa, conseguirnos a cidade cultural que leva o seu nome e ser vilalbés senlleiro. Non me parece xusto quitar o seu busto nin borrar a súa memoria no rueiro vilalbés nin
da cidade cultural que nos abriu os ollos ao futuro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com