CCOO cifra nun 65% a incidencia da primeira xornada de folga xeral de Correos na provincia

Cun 80% de seguimento na primeira xornada de Folga Xeral en Correos en toda España nas quendas da nocturna e a diúrna, 65% na provincia, CCOO, sindicato maioritario, cualificou o seguimento de masivo e éxito rotundo.

Para CCOO, o elevado respaldo a esta xornada de Folga Xeral indica o rexeitamento á política severa de recortes salariais do 9%, de 15.000 empregos fixos e unha precarización desmedida en dereitos que converteu á empresa postal pública en pioneira da precarización, 35% de eventualidade e 22% de tempos de parciais. O sindicato sinala que a Dirección de Correos e o Goberno socialista que fixo público o seu compromiso cos traballadores e traballadoras de Correos na súa etapa na oposición e na súa actual lexislatura no pleno do Congreso o pasado 21 de novembro, deben traducir e exercer a súa responsabilidade cos case 60.000 traballadores e traballadoras de Correos nun acordo plurianual con incrementos salariais, de emprego e de dereitos.

Para CCOO, a proposta da empresa da última mesa de negociación do pasado 29 de novembro “é irrisoria” e indicou que só desconvocará as folgas xerais do 21 e o 26 de decembro convocadas por CCOO, UXT e CSIF en plena campaña do Nadal, se o Goberno e a dirección da empresa inclúen 15.000 empregos fixos para restaurar os postos eliminados, a recuperación de polo menos o 9% do poder adquisitivo perdido e a incorporación de fondos adicionais para incrementar as nóminas mileuristas e melloras da promoción, a provisión de postos e dereitos como a supresión obrigatoria de traballar en sábados ao ínfimo prezo de 2.54 euros a hora. Estas son as liñas vermellas que o sindicato apunta como esenciais para a desactivación do conflito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com