CCOO denuncia que persoal municipal non cobrou a nómina de decembro nin a extra

O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) con representación no concello de Lugo denunciou esta tarde que personal municipal aínda non cobrou a súa nómina correspondente ao mes de decembro nin a extra de Nadal. Para o sindicato, resulta “incalificable” o que está a acontecer no Concello.

“O persoal do Concello de Lugo adoita percibir o ingreso da nómina antes do turno de Nadal, estamos a día 27 e o persoal segue sen poder contar coa nómina e a paga extra, da que moitos traballadores fan uso para planificar os gastos que xeran as festas de Nadal”, o cal, seegundo CCOO, repercute tanto no persoal coma no comercio lucense.

O sindicato explica que o persoal municipal non pode “ser refén dunha guerra aberta” dos que intentan coas súas accións “perxudicar a toda unha plantilla”, e da que o Goberno “é o máximo responsable” de que se xogue co salario dos traballadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo