" />
Voto por correo Voto por correo

CCOO di que o voto por correo “está en risco” polas carencias de persoal

O sindicato Comisións Obreiras denunciou hoxe o “colapso” que sofren as oficinas e centros de reparto de Correos en toda España “por la falta de previsión da empresa”. De feito dende o sindicato relacionan a ampliación do prazo de solicitude do voto por correo “coa falta de persoal para tramitalo”, xa que calculan que a plantilla conta con 11.000 traballadores menos dende as últimas eleccións.

Este “desbordamento” podería “poñer en risco a campaña de eleccións xerais en todo o Estado”, afirman dende o sindicato, que destaca tamén que nestas eleccións estanse producindo “cifras históricas de solicitudes, con máis voto por correo que nunca, pero cuns niveis de contratación moi inferiores aos doutros meses de decembro nos que non había un proceso electoral”.

Comisións Obreiras considera que esta situación débese “a unha política de axustes de costes irresponsable”. O sindicato destaca a situación de Lugo, que cualifican de “grave”, onde “se acumulan máis do 90% de envíos de propaganda electoral, e entorno a 1200 certificados que non saíron a reparto”. Unha dinámica que segundo o sindicato se estende tamén ao resto da provincia”.

Desta maneira, CCOO reclama o aumento da contratación e unha mellora das condicións laborais, entre as que propón “o reparto extraordinario bonificado en sábado e o pagamento das horas extraordinarias para poder salvagardar o dereito democrático de todos os cidadáns que exercen o voto por correo, e que poidan recibir tanto as tarxetas do censo como a propaganda electoral”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo