CCOO e FACUA Galicia renovan o seu convenio de colaboración para a defensa de traballadores e consumidores

O Secretario Xeral do sindicato en Lugo, Manuel Quiñoá Dacal, e o Presidente da asociación en Galicia, Victor Manuel Muñoz Meilán, rubricaron un convenio en Lugo, para activar accións conxuntas atendendo a retos comúns.

O fin do convenio subscrito entre as dúas organizacións e impulsar a defensa dos intereses das persoas traballadoras e consumidoras nun contexto marcado polo incremento das marxes dos beneficios por parte dos empresarios e a subida de prezos en produtos básicos, a pesar da rebaixa do IVE que aplicou o Goberno de España.

As organizacións comprometéronse a impulsar na provincia accións conxuntas en materia formativa e de incidencia política sobre os sectores agroalimentario e pesqueiro, a sustentabilidade ambiental, enerxías verdes e renovables, vivenda e urbanismo, turismo, comercio, transporte, servizos sociais, sanidade, educación, infraestruturas, atención a persoas dependentes, participación institucional, cooperación internacional, sociedade da información e do coñecemento, competencia e regulación económica e responsabilidade social das empresas.

Fortaleza das Organizacións

Manuel Quiñoá Secretario Xeral de CCOO, manifestou que a firma do convenio vén do convencemento de que a loita sindical e consumerista compleméntanse e deben ir da man. “Este acordo é unha alianza estratéxica, que debemos poñer ao servizo das persoas traballadoras e consumidoras, para colaborar na mellora das súas condicións de vida”, explicou Quiñoá, e engadiu que “hai moitas frontes comúns nos que poder traballar conxuntamente, como son o ámbito da información, a formación e a reivindicación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com