CCOO Sanidade critica o desmantelamento do Centro de Saúde Sagrado Corazón

CCOO Sanidade Lugo critica o desmantelamento do Centro de Saúde Sagrado Corazón de Lugo por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

CCOO tiña solicitado en distintas ocasións a renovación e ampliación deste centro de saúde para adaptalo ás necisidades da poboación ususaria do mesmo. Lonxe de ter en conta estas solicitudes o SERGAS decide agora trasladar a parte do persoal do mesmo, en concreto: a pediatra, a farmacéutica e a traballadora social, a outros centros de saúde.

O sindicato subliña que “Chama poderosamente a atención que nun momento en que semella haber unanimidade na necesidade de reforzo dos equipos de atención primaria (unha das recomendacións do Ministerio de Sanidade, para facerlle fronte ao virus Covid-19), se acometa un recorte desta natureza. Tanto os veciños do Sagrado Corazón, como as organizacións sindicais dende hai moitos anos, vimos reclamando un novo centro de saúde, pero parece que as Administracións implicadas non se poñen de acordo”.

CCOO esixe “a rectificación por parte das autoridades sanitarias e a Xunta de Galicia, de xeito que se reforcen os servizos deste centro en lugar de
recortalos”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 04, 2020 - 09:07 PM

    Falta poco para las elecciones gallegas, veremos cuántos votos obtiene el PP en el barrio. Si van los vecinos a la carrera a votarles, pues que vayan también corriendo al Centro de Salud de Fontiñas cuando cierren el suyo. Amor con amor se paga.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com