" />

Cea fin da tempada 2017-2018 do CB Sarria

Arredor de 250 persoas, entre xogadores, familias, patrocinadores, directivos, colaboradores, etc, citáronse nun hotel de Sarria na noite do pasado venres día 8, para poñer o peche a tempada do exercicio 2017-2018 do Club Baloncesto Sarria, á mesma acudiu o Deputado de Deportes da Deputación de Lugo Pablo Rivera, que recibiu un agasallo polo apoio que presta a institución provincial o club sarriao.

Despois da cea, comezou o acto propiamente dito proxectando un video resumo do “curso” actual. Posteriormente foi a quenda dos agasallos aos diversos patrocinadores que estaban presentes, así como o recordo e o aplauso para os que non puideron acudir por razóns diversas.

Tamén foi o aplauso sentido e merecido dos presentes  para todos e cada un dos dezasete adestradores do club, nos que se cimenta boa parte dos éxitos acadados. A velada rematou cun sorteo de diversos regalos, todos eles relacionados co deporte do baloncesto.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo