Chega a Lugo a Lugo a oficina itinerante do programa de cooperación transfronteiriza Desafíos Jovens

Chega a Lugo a oficina itinerante do programa de cooperación transfronteiriza Desafíos Jovens, que promove a inserción laboral da mocidade nos mercados de traballo da eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que a campaña persegue o dobre obxectivo de “orientar á xuventude na súa traxectoria profesional e incrementar as posibilidades de crecemento da eurorrexión”. A iniciativa conta cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Arias visitou a oficina móbil na Biblioteca Intercentros do Campus, onde estivo situada durante a mañá; pola tarde instalarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug I para facilitar o acceso tanto dos estudantes universitarios como dos de Secundaria.

Entre outros recursos, informa sobre a posta en marcha de intercambios laborais entre Galicia e o Norte de Portugal, a través de prácticas e fomentando a cooperación entre os sectores públicos e privados.

Ademais, potencia o emprendemento como medio para reter talento innovador, crear riqueza e fixar poboación, prestando especial atención á economía verde e social polo seu potencial no ámbito rural.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com