Reunido o Xurado do L Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Dominguez Guizán de Begonte, formado por Xavier Rodríguez Barrio, escritor; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante, e Xulio Giz Ramil. Presidente do Centro, que actúa como Secretario, acordaron premiar os traballos dos seguintes autores:
Premio Begonte de Poesía, dotado con 1.000€ e diploma, a Chelo Gayoso Díaz, residente en San Martiño de Guillar (Outeiro de Rei-Lugo), polo seu poema “A Luz de Begonte”.
Segundo Premio, dotado con 500€ e diploma, a José Antonio Malo Fernández, de Salinas de Pisuerga-Palencia, `polo poema “Donde tú te hiciste nuestro”.
Pola calidade do traballo, concédese unha Mención de honra, dotada co diploma, a Pablo Nogueira Campo, de Ourense, polo poema “Belén é Begonte”.
Os premios serán entregados o príximo 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte.






