Choca violentamente contra varios vehículos e triplica a taxa de alcol

Os feitos ocorreron sobre as 2:00 horas do día 27 de abril un equipo de Atestados do Corpo desprázase á rúa Alfredo Brañas onde un turismo chocara violentamente contra a parte traseira dun vehículo estacionado na marxe esquerda da calzada, provocando que o forte impacto golpease á súa vez a outro estacionado, que tamén se despraza e golpea a outro estacionado (catro vehículos implicados).

O condutor do vehículo é trasladado ao HULA, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0’74 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Asemade, durante o día de onte efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados, estableceron diferentes controis de seguridade viaria e alcoholemia, detectando na rúa San Roque dous condutores que ao ser sometidos ás probas de detección alcohólica lanzaron resultados POSITIVOS de 0’61 e 0’36 mg/l, respectivamente.

Ao primeiro deles ábreselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e ao segundo de 500 euros e a retirada de 4 puntos.

Nestes controis detectáronse tamén a 5 condutores que non pasaron a ITV no prazo debido; 2 vehículos que circulaban sen o Seguro Obrigatorio e denunciáronse a dous condutores de ciclomotores. O primeiro por conducir cunha licenza cuxa vixencia vencera e o segundo por conducir carecendo de autorización administrativa.

Imaxe cedida: Policía Local.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mardebering
    Abr 27, 2022 - 02:21 PM

    Lugo Ciudad de Borrachos al Volante.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com