" />

Cidadáns denuncia que Carmen Basadre non informe do programa do Arde Lucus

O Grupo Municipal de Cidadáns esixe ao Goberno municipal que convoque a Comisión de Festas para que a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, informe do programa do Arde Lucus 2017. A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, explica que “cando falta menos dun mes para a celebración desta festa, declarada de Interés Turístico Nacional, nada se sabe das actividades previstas”. Para a portavoz de Cidadáns Lugo, o Goberno municipal fai todo a última hora e de xeito improvisado.

Olga Louzao denuncia tamén que a difusión está a ser absolutamente deficiente e explica que a páxina web oficial da festa, propiedade do Concello de Lugo está sen actualizar desde o día 10 de marzo, e iso malia que o Goberno municipal contratou o pasado 13 de marzo a unha empresa, Inteligencia Visual, para realizar as labores de mantemento e difusión a través das redes sociais. O contrato inclúe tamén o mantemento da páxina web oficial do San Froilán, que permanece sen actualizar desde que acabou a pasada edición das patronais. Louzao denuncia que o concello de Lugo estea a pagar 11.000 euros por un servizo que a empresa non está a prestar.

A voceira de Cidadáns afirma que “a cidade está ás portas dunha das súas fins de semana máis importantes, non só desde o punto de vista cultural, senón tamén económico e reitera que non é normal que non se saiba xa a estas alturas o programa”. Louzao considera “máis necesaria que nunca unha boa labor de difisión este ano porque o Arde Lucus cambiouse de data con respecto á habitual”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo