Cidadáns propón que as ociotecas se poidan solicitar por días ou semanas este Nadal

O grupo municipal de Cidadáns propuxo esta mañá unha serie de cambios nas ociotecas que o Concello pon en marcha durante o Nadal para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os días que os nenos e nenas non teñen clase. Baixo o nome de Aulas Abertas, este servizo consta de 60 prazas distribuídas en tres centros sociais: Maruja Mallo, María Balteira e Milagrosa.

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, explicou que esta mañá comezou o prazo de solicitude nos distintos centros sociais, que estará aberto até o mércores, e que “foron varias as familias que se puxeron en contacto con Cidadáns porque detectaron eivas no funcionamento deste servizo. Queremos facer unha serie de propostas para mellorar este servizo, que funciona en Nadal e durante o verán, de cara a vindeiras edicións”, explicou Louzao.

Entre outras cuestións, Cidadáns propón que as solicitudes poidan facerse por tramos máis curtos, dado que na actualidade as familias vense obrigadas a pedir a totalidade do período comprendido entre o día 22 de decembro e o 5 de xaneiro cando en moitos casos precisan este servizo por menos tempo. “Hai familias que só precisan levar aos seus cativos ou cativas unha semana” e con este sistema ocupan prazas que podería servir para outros nenos, “privando a outras familias deste servizo”. “Se a reserva puidera ser por días soltos ou períodos semanais, como propón Cidadáns, podería optimizarase ao máximo o servizo, porque a mesma praza podería ser compartida por varias familias”.  

Do mesmo xeito, Cidadáns pide que o cobro se realice en función do nivel de renda das familias, e non cunha “tarifa plana” igual para todas, coma na actualidade. O importe actual é de 1,03 euros por día. Olga Louzao tamén propón que se centralicen as solicitudes nun único punto de xeito que se unha familia quere optar a unha praza nun centro social en concreto pero xa están todas ocupadas, poida solicitar prazas que poida haber libres nos outros.

O grupo municipal de Cidadáns tamén comunicou o rexístro dunha serie de preguntas dirixidas ao Goberno para as Comisións da vindeira semana en relación á programación de Nadal do Concello, grupo de Olga Louzaou quere saber “se se prevé dentro da programación de Nadal do Concello algunha actividade coas corais da cidade e en caso de que non sexa así, a que se debe a súa exclusión”. Asemade se está previsto este ano a instalación dunha pista de xeo por parte do Concello. En caso negativo,Cidadáns pregunta “cal é o motivo e, en caso afirmativo, que procedemento se seguiu para a súa colocación, despois da polémica creada o ano pasado con esta instalación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo