" />

Cidadáns solicita á alcaldesa explicacións sobre as consecuencias da sentencia da Fábrica da Luz

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo municipal “solicitou formalmente a comparecencia no pleno da alcaldesa, Lara Méndez, para que dea as explicacións necesarias sobre o fallo xudicial do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 1 de Lugo que obriga ao Concello ao pago de 1,7 millóns a empresa Inca Proyectos de Ingenería Civil S.A. en relación a súa xestión no proxecto da Fábrica da Luz”.

«No día de onte, desde o Grupo Municipal Ciudadanos, propuxemos ao Goberno local que convocase unha xunta de voceiros para tratar este tema, pero a alcaldesa negouse. Polo tanto,  a ao amparo do disposto no Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Lugo, esta mesma mañá solicitamos a comparecencia no Pleno da alcaldesa. Consideramos que é o seu deber informar a todos os membros da Corporación, e por extensión a toda cidadanía, sobre este tema», sinalou.

«Ante a gravidade deste asunto é necesario que Méndez dea explicacións oportunas sobre a situación de devandita instalación, a estratexia xudicial a seguir no futuro inmediato polo Concello neste asunto e o impacto negativo que este fallo xudicial terá nas arcas municipais. Non entendemos como o Goberno local puido levar a cabo unha xestión tan neglixente neste proxecto. O sucedido é un exemplo máis da incapacidade do actual Goberno local para xestionar o Concello. Unha incapacidade que lle vai custar aos veciños e veciñas de Lugo case 2 millóns de euros como mínimo», concluíu a voceira da formación laranxa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Xuñ 11, 2020 - 01:21 AM

    Que manera de tirar el dinero de los lucenses.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo