" />

Olga Louzao de Cidadáns visita o barrio da Tinería

Olga Louzao, portavoz de Cidadáns, reuniuse este mércores con membros da Asociación de veciños do barrio da Tinería para discutir os problemas que afectan ao barrio e escoitar as súas peticións.

Tras a súa visita polo barrio, puido constatar algúns das súas queixas, “ o moi deficiente estado dalgunhas rúas, a falta de mantemento e limpeza, a ausencia de contedores de lixo adecuados, o exercicio descontrolado da prostitución nas rúas ou os problemas de acceso e circulación son só algúns deles pero a súa solución é vital para conseguir a revitalización do barrio” sinalou Louzao.

“Resulta difícil entender como un barrio situado en pleno centro de Lugo, a pouco máis de cinco minutos da propia Casa do Concello, polo que transcorre parte do Camiño Primitivo, tocando á Muralla –ambos Patrimonio da Humanidade- e no que se fixeron fortes inversións para a súa rehabilitación, segue sendo un dos puntos negros da nosa cidade. Para Olga Louzao a solución a algún destes problemas “pode ser algo máis complicada, pero en outros casos –vixilancia policial, contedores de lixo, limpeza e mantemento, etc- parece claro que hai solucións sinxelas e, dado que existe un amplo acordo con outros grupos políticos en este asunto, é unha mera cuestión de vontade política por parte do equipo de goberno do Concello”.

Cidadáns comprometeuse cos veciños a traballar por encontrar unha solución a estes problemas e promover a adopción de medidas en materia de atracción de poboación residencial e negocios, que finalmente permitan a recuperación do barrio da Tinería.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo