CIG-Saúde reclámalle á Xerencia do Sergas que o rescate da Fisioterapia sexa definitivo

A CIG-Saúde mantivo unha reunión hoxe coa Xerencia da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte para tratar a situación do servizo de Rehabilitación, tras o rescate sobrevido polo abandono do concerto por parte da clínica JR Meilán. Para a CIG-Saúde esta circunstancia é unha oportunidade única para reverter este servizo para a Sanidade Pública, xa que tanto no HULA como en Atención Primaria “contamos cunhas instalacións óptimas e con capacidade para asumir a carga de traballo sempre que se dote de persoal”.

Aproveitando este punto de inflexión, explica a secretaria comarcal da CIG-Sáude de Lugo, Carme Aira, formuláronselle ao xerente da EOXI cuestións globais relativas á Fisioterapia, Terapia Ocupacional e Atención Temperá de cara a lograr a consolidación dos postos de traballo e a ampliación destes servizos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo