Reixtro Civil

Cinco anos de prisión por abusar sexualmente da súa fillastra

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena a cinco anos de prisión e seis máis de liberdade vixiada a un home por un delito continuado de abusos sexuais á filla menor da súa parella sentimental, con quen convivía. Ademais, non poderá comunicarse nin aproximarse á vítima por un período de seis anos e teráa que indemnizar con 10.000 euros.

O home de 38 anos de idade, que tiña unha relación sentimental coa mai da vítima, convivíu coa mesma durante seis anos ata o 2012. O acusado abusou sexualmente da vítima en varias ocasións dende que a menor tiña 10 anos e ata que cesou a convivencia, polo que o xulgado estipula unha continuidade delictiva que, segundo o relato da rapaza, alargouse durante uns 4 anos. A vítima ademáis amosou en varios análises forenses e psicolóxicos un bloqueo sentimental como dano causado polos feitos, motivo polo cal o xuíz condena ao acusado a indemnizar con 10.000 euros á vítima.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com