Cinco novos casos de Covid elevan a 85 os positivos na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas rexistraronse cinco novos positivos na área sanitaria de Lugo, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Estes cinco novos casos activos pertencen ao brote rexistrado en O Saviñao, que pasa de 10, que había no día de onte, a 15 infectados por Covid-19.

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 217, deles 59 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 6 da de Ourense, 19 da de Pontevedra, 35 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 11 en unidades de hospitalización e 205 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.220 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 243.152.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com