" />

Cita cun clásico no Pazo que enfrontará ao Breogán co Melilla o sábado

O cafés Candelas Breogán recibe o vindeiro sábado (19:15 horas) no Pazo a un veterano da competición como é o Melilla Baloncesto. O conxunto norteafricano conta cun dos equipos máis potentes dos últimos anos na categoría, xuntando a xogadores como Sonseca, Franch, Suka-Umu, Zengotitabengoa, Manzano ou Gatell entre outros. Dous ex-celestes defenden as cores do cadro dirixido por Alcoba: Pablo Almazán e Brandon Edwards.

Se todo vai segundo o previsto o equipo lucense so contará coa baixa de Matulionis que se está a recuperar dunha rotura muscular. Outros xogadores melloran das molestias derivadas dun virus que afectou a grande parte do plantel.

Agárdase un bo ambiente na grada. A campaña de venda de abonos segue en marcha e xa son máis de 800 os aboados novos con respecto á pasada campaña. As entradas do partido para os non aboados terán os prezos habituais de 15€ para adultos, 10€ para estudantes menores de 26 anos e persoas maiores de 65 anos, e 5€ para menores de 18 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo