Ciudadanos denuncia que a alcaldesa non informou da creación dunha praza de director xeral de persoal

O Grupo Municipal de Ciudadanos denuncia que a alcaldesa Lara Méndez non informou aos grupos da oposición da creación dunha praza de director xeral de persoal, unha figura que prevé incluír o Goberno local para desbloquear a situación que vive a administración local neste eido e que impulsará a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo.

Dende Ciudadanos lamentan que o Goberno local “volva anunciar en prensa unha medida antes de facelo ante a oposición” e acusan a Lara Méndez de ter adoptado o “curioso costume” de anunciar en prensa “que está facendo as cousas antes de empezar a facelas”.

“O feito de que esta medida nos pareza positiva non é óbice para xustificar a descortesía e a falta de sentido político, máxime cando é a oposición, en máis concretamente este grupo municipal, quen fixo da xestión do persoal e a racionalización dos recursos humanos do Concello unha prioridade absoluta”, conclúen dende Ciudadanos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com