Ciudadanos propon crear axudas para material contra a Covid para o alumnado 

A portavoz municipal de Cs Olga Louzao, propuxo esta mañá crear unha liña de axudas para a compra de material de seguridade fronte o Covid destinado ao alumnado de segundo ciclo de infantil, primaria e secundaria. A proposta, que será presentada no pleno da próxima semana, pretende minimizar o impacto da pandemia sobre a economía familiar. «Debido a situación provocada pola pandemia, as consecuencias econó E engadiu ”o propio Concello recoñeceu que a demanda dasaxudas de emerxencia incrementouse un 15% nos últimos meses debido a esta situación. Polo tanto, faise máis que imprescindible pór recursos públicos a disposición dos máis vulnerables. O inicio do curso escolar supón para as familias un incremento dos gastos aos que normalmente teñen que facer fronte. Segundo informa a OCU, o gasto medio mensual por alumno é de 167 euros», sinalou a concelleira da formación laranxa”.

Louzao plantexa que o acceso a estas axudas “estea regulado por un sistema de renda, similar ao que xa se utiliza nas axudas para material escolar. Ademais, e co obxectivo de axilizar  o ingreso desta achega, avoga por entregar ás familias beneficiarias unha tarxeta moedeiro coa que poidan mercar nos establecementos sanitarios, única e exclusivamente, mascaras infantís e xeles hidroalcohólicos”. «

Instar ao Goberno de España a reducir o IVE das máscaras

Así mesmo, Louzao anunciou que o seu grupo plantexará ao resto da corporación solicitar desde o Concello ao Goberno de España a través dunha declaración institucional a redución do IVE das mascaras. «Aos gastos escolares derivados da loita contra a pandemia únese que o IVE das máscaras en España é do 21%, entre os máis altos de Europa. Mentres outros países do nosa contorna decidiron rebaixalo, no noso, a pesar de ser xa un produto sanitario de primeira necesidade, vense de rexeitar no Congreso dos Deputados, polos partidos do goberno, a súa redución ao 4%. É necesario que desde esta administración local fágase toda a presión posible para que esta redución realícese coa máxima celeridade posible», concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com