Codex Cinema estrea este venres “Urchin” e “As cores do tempo”

Os Codex Cinema estrean esta venres os filmes:

“Urchin” do director: Harris Dickinson.

Sinopse:  Mike vive nas rúas de Londres; sen fogar, loita por sobrevivir atrapado por trastornos mentais e as adiccións. A súa vida é unha viaxe de caídas e redencións nunha cidade na que as segundas oportunidades non son moitas. Mike intenta aproveitalas e comezar de novo mais non resulta fácil.

“As cores do tempo”, filme francés dirixido por Cédric Klapisch.

Sinopse: no París de 2025, unha trintena de parentes son informados de que van herdar unha casa antiga e abandonada desde hai décadas, situada en Normandía. Ao faceren o inventario da casa van descubrindo antigüidades e curiosidades que os levan a coñecer a historia dunha antepasada, Adèle, que deixou a súa Normandía natal aos vinte anos para viaxar a París a finais do século XIX, en plena revolución industrial e cultural, cando se inventaba a fotografía e nacía o Impresionismo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com